Remata esta semana de chuvias e vento e así queda atrás o San Amaro para gardar os trompos no faiado e o San Antonio de xaneiro: se chove pon as pipas no fumeiro e se non chove no canteiro.
Por Vilaguindastre subiron as augas do río e case afogan os parrulos. A " humanización " do río sufriu a xusta vinganza da natureza e o nome de paseo fluvial adquire o rango de realidade evidente. O pior deste tempo é como entreter a dous pequenos nun piso tantos días sen saír.
Irase levando.
Oes, ¡Onde andarán as lampreas?.
ResponderEliminarNa casa con bós comics, seguro que non se cansan.
Con comics e unha boa dose de paciencia!!!
ResponderEliminarAperta con choivas tamén dende o medio e medio do país.
sí, supoño que os pequenos tolean un pouquiño na casa metidos e son difíciles de aturar pero nunca choveu que non escampara.
ResponderEliminarpor aquí tamén choveu moito...
biquiños,
Algún día parará.
ResponderEliminarseguro que descubristes xogos novos de interior (e tamén ata onde pode chegar a vosa paciencia)
ResponderEliminarpor aquí con ganiñas de ver o sol... moito frío estes dias.