Páxinas

sábado, 13 de abril de 2013

E o pazo ardeu

 
 
Hoxe acerqueime a Mos que estaba a celebrar o seu " Arde o pazo 2013 ".
 
Había postos de polbo, pan, churros, queixo, filloas, etc. Tamén había postos de artesáns coma o zapateiro que fixo as tamancas de xigante da foto onde o homiño semella barallar sobre se lle servirán ou non semellantes zapatóns.
 

 
 
Había un posto con xogos feitos de madeira e coñecín o xogo do tatedrez.
 
 
 
Non faltaban ferreiros, alfareiros, artesáns da gaita, palilleiras, unha tecedeira e ourives.
 

 
 
Por haber ata había un cesteiro que estaba a facer unha cabana de vimbio para a festa da prehistoria que haberá en Mos no verán.
 


Pero o prato principal é a representación dos feitos que ocorreron hai máis de douscentos anos coa chegada do exército francés a Mos.
Estivo ben.

5 comentarios:

  1. Os mesmos non son; pero léveme o diaño como teñen a mesma talla!

    http://www.chousadaalcandra.blogspot.com.es/2012/07/collon.html

    ResponderEliminar
  2. Se non estivo mal, boa cousa é. ;)

    ResponderEliminar
  3. Muito interessante amigo. Fiquei curiosa com o jogo do tatedrês.
    Um abraço e uma boa semana

    ResponderEliminar
  4. estas festas sempre resultan moi interesantes de ver... encántanme as botas xigantes.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  5. PARECE complicado o tatedrez (e nunca escoitara)

    e moi contenta me pon ver que hai xente que continúa con estes oficios, inda que os compradores e o mercado variase.
    Molan moito estas feiras.

    ResponderEliminar

És humano ti ?