Hoxe acerqueime a Mos que estaba a celebrar o seu " Arde o pazo 2013 ".
Había postos de polbo, pan, churros, queixo, filloas, etc. Tamén había postos de artesáns coma o zapateiro que fixo as tamancas de xigante da foto onde o homiño semella barallar sobre se lle servirán ou non semellantes zapatóns.
Había un posto con xogos feitos de madeira e coñecín o xogo do tatedrez.
Non faltaban ferreiros, alfareiros, artesáns da gaita, palilleiras, unha tecedeira e ourives.
Por haber ata había un cesteiro que estaba a facer unha cabana de vimbio para a festa da prehistoria que haberá en Mos no verán.
Pero o prato principal é a representación dos feitos que ocorreron hai máis de douscentos anos coa chegada do exército francés a Mos.
Estivo ben.
Os mesmos non son; pero léveme o diaño como teñen a mesma talla!
ResponderEliminarhttp://www.chousadaalcandra.blogspot.com.es/2012/07/collon.html
Se non estivo mal, boa cousa é. ;)
ResponderEliminarMuito interessante amigo. Fiquei curiosa com o jogo do tatedrês.
ResponderEliminarUm abraço e uma boa semana
estas festas sempre resultan moi interesantes de ver... encántanme as botas xigantes.
ResponderEliminarbiquiños,
PARECE complicado o tatedrez (e nunca escoitara)
ResponderEliminare moi contenta me pon ver que hai xente que continúa con estes oficios, inda que os compradores e o mercado variase.
Molan moito estas feiras.