Páxinas

domingo, 21 de abril de 2013

Pescando a primavera

 
 
Pescar a primavera pode ser unha frase literal como o que fan estas nasas coas glicinias lonxe do mar.
 

 
Pero tamén pode ser facer unha paseata ata a Laxe do Avó ou a Laxe do Bo, como di avóM, en Arbo.
 

 
Ou tamén levar unha farta de paseos e parques aproveitando o bo tempo.
 

 
 
Ou admirar o enxeño dalgunha xente que dunha roda vella crea unha xardineira estupenda.
 

 
 
Tamén hai lugar para a aprendizaxe e así coñecín os " tornacarros ", pixotes de pedra na entrada dun portalón onde apoiaba a roda do carro e podía virar para entrar no eido.
 


E non só aprendo eu que tamén aprende o Leo a decorar postres na feira do mel organizada estes días en Vilaguindastre.
 
Que siga a primavera !.

3 comentarios:

  1. Gústame eso do tornacarros. Ten unha pinta de miliario romano que tira de cú. ¿Seria?.
    Aperts.

    ResponderEliminar
  2. Como se agradece o soliño!

    ResponderEliminar
  3. o dos tornacarros sempre me chamou a atención.
    eu pensaba que era p0ara que a roda do carro non fose desfacendo a esquina da casa.
    :(

    ResponderEliminar

És humano ti ?