Páxinas

sábado, 6 de abril de 2013

Tradución a machada



Hoxe fixo un día frío pero con intres de sol e Leo puido desfrutar dun aniversario dunha compañeira nunha asociación de veciños. Alí teñen unha pista de deportes e parque infantil e un parque deses para exercicios de adultos. Mirando os carteis dos aparellos descubrín esta tradución a machada, á forza, da palabra española " muñeca " que poderían traducir por pulso ou mesmo colo.
Se non fose que non me gusta esborranchar xa correxiría eu o cartel cun rotulador.

4 comentarios:

  1. iso é como "Alicerce Bardem" (por Pilar Bardem)

    ResponderEliminar
  2. ja ja ja... pero que cachondo o que fixo o cartel!

    biquiños,

    ResponderEliminar
  3. Cando vexo estas cousas, pregúntome por que non se consultan dicionarios.

    ResponderEliminar
  4. Eses usan o mesmo tradutor que os da Coz

    ResponderEliminar

És humano ti ?