Hoxe fixo un día frío pero con intres de sol e Leo puido desfrutar dun aniversario dunha compañeira nunha asociación de veciños. Alí teñen unha pista de deportes e parque infantil e un parque deses para exercicios de adultos. Mirando os carteis dos aparellos descubrín esta tradución a machada, á forza, da palabra española " muñeca " que poderían traducir por pulso ou mesmo colo.
Se non fose que non me gusta esborranchar xa correxiría eu o cartel cun rotulador.
iso é como "Alicerce Bardem" (por Pilar Bardem)
ResponderEliminarja ja ja... pero que cachondo o que fixo o cartel!
ResponderEliminarbiquiños,
Cando vexo estas cousas, pregúntome por que non se consultan dicionarios.
ResponderEliminarEses usan o mesmo tradutor que os da Coz
ResponderEliminar