Nas estadías en Arbo acostumo aprender cousas novas e este domingo non ía ser menos. Aprendín que " desistir " pode significar ir ao baño a facer augas maiores e tamén aprendín que hai unha herba mala que se chama
" rengo ". Tamén aprendín que se lles fai un nó aos alleiros. Seica así medran máis as cabezas de allo enterradas. Non sei se é verdade pero aquí faino toda a xente.
Pois xa che contarei como vai o de anoar os allos. Farei un experimento e farei nós unha devasa sí e outra non, e xa veremos cales dan mellores cabezas.
ResponderEliminarSi, o dos allos fano en máis sitios. Pero non sei se iso dá resultado ou non...
ResponderEliminarO que non sabía era que esa herba se chamase así.
Sempre aprendo cousas no teu blogue