Estamos a mediados de maio e séntense muitos paxaros. Hoxe oín o moucho cerca e corrín coa cámara a pillalo pero pillei a poupa da foto. Chámase así seica polo seu canto
" pu- pu- pu " e ten fama de cheirar mal porque fai o seu niño coa súa cachicha. Antes había casas en Arbo que as tiñan coma quen ten hoxe un loro e que repetían algunha palabra. Tamén está no refraneiro de Arbo que din " Cando a poupa anda a poupar é tempo de sementar ".
Sigo admirado polo zoom da miña cámara !.
Por esta Terra do Medio chamámoslle Bubela. E tés razón, que o zoom da túa cámara ten que ser potente, xa que estes paxaros adoitan ser moi espantadizos e resulta ben complicado lograr unha boa foto deles.
ResponderEliminar