Páxinas
▼
xoves, 20 de xuño de 2013
Apalpando a crise
Onte notei máis que nunca a crise. Había pintadas e acampados diante dunha fábrica, pechou a penúltima sucursal de Novagaliciabanco en Vilaguindastre e a última estaba asediada por afectados das preferentes. Na rúa eu collía conversas polo aire de contratos fin de obra, de axuda familiar, de ESO necesario para traballar e de ERES, de baixón de pedidos, etc. Vaia, unha situación alarmante.
Así ata agradecín toparme cunha pobre chica que se pon de leria comigo de cando en vez e que desta volta me falou da súa novela de vinte páxinas titulada " El aullido del lobo " que lle mercou o anterior alcalde por vinte euros e que, seica, o malandro quere publicala no estranxeiro.
Triste está dicilo pero esta muller foi un claro no medio da tormenta que nos arrodea.
Hoxe pasei por diante deste "campamento" do persoal de BIOFABRI, e púxome os pelos de punta.
ResponderEliminarNós temos moita sorte (de momento), pero isto pinta moi mal.
xa é imposible ignorar a crise.
ResponderEliminarvai tocando todos os paus.