Páxinas

venres, 11 de outubro de 2013

Ottobrata


Estamos desfrutando duns días de temperaturas mornas que invitan a facer " ottobratas ". " Ottobrata " en italiano significa comida campestre en outubro. E é verdade; fai caloriña sen chegar ao punto de suar, hai poucos bechos molestos e a luz solar é amable. Así que eu aproveito as tardes para coller os nenos, a moto de xoguete, o " papanete " e a silla de paseo da nena e facemos o paseo do río, o camiño azul que di Leo polos números pintados no chan indicando os tramos cada cen metros. Paramos a merendar e gozamos só con ollar o río. Despóis contamos patos, miramos pasar o tren, descubrimos cores novas de bolboretas e escuitamos grilos e paxariños. Tamén hai tempo para curiosidades como ver peixes pendurados no medio das viñas. Non sei a utilidade, non sei se é para evitar xabaríns ou paxariños. Deixo aquí a foto como curiosidade.
 



5 comentarios:

  1. ¡Carafio! semella un tabeirón. Eso da ottobrata penso que está moi ben, e o Leo ten cousas de mestre xa. ¿Como vai a Xela?

    ResponderEliminar
  2. Qué envexa de paseos!
    Iso do peixe pendurado asusta un pouco. Supoño que espantará co mal olor, e así poderá ser efectivo con calquera animal, incluso coas persoas.

    Disfruta moito desas ottobratas.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  3. Penso o mesmo ca tí das outubradas esas! encantame a temperatura, a luz...
    pero deixasme pampa co dos peixes colgados...! (á parte de que cheirarán)

    ResponderEliminar
  4. outra cousa ben curiosa, un peixe pendurando dun pau... na miña vida!

    biquiños,

    ResponderEliminar
  5. Seica é un sistema antixabaríns.

    ResponderEliminar

És humano ti ?