Páxinas
▼
xoves, 7 de novembro de 2013
A " Leopedia "
O Leo leva uns días que nos está a sorprender. Hoxe mesmo leveino á perruquería e aguantou bastante ben o asunto. Tamén inflúe que lle puxeron a tele para entretelo.
Onde máis se nota é á hora de ler e escribir. No verán apenas leu e escribiu mui pouco e mui mal pero agora le muito e rápido ( graciñas, Pupi ) e aparte escribe ata que lle doe a man e non é unha frase feita.
Agora mesmo está escribindo unha especie de enciclopedia que eu chamo a "Leopedia" e xa leva dezaseis páxinas onde fala de todo un pouco. Encantoume o final da páxina 13 onde explica como son as persoas. Vouno transcribir porque na foto ao millor non se apreza.
AS PERSOAS
as persoas somos nosotros cubiertos de pel, carne, osos
fumos o primer inbento
Outro día seguirei coa " Leopedia ".
Qué xenial esa Leopedia, pero máis xenial é a súa definición de persoas.
ResponderEliminarSupoño que xa o tes pensado, pero garda ben eses escritos, porque vale a pena.
Bicos
O de que fomos o primeiro invento fíxome moita graza.
ResponderEliminarMuito interessante. Vai ver que o Leo ainda vai ser um famoso escritor.
ResponderEliminarUm abraço e ums boa semana
todos os meus respetos para Leo!
ResponderEliminar...
non sabería eu que poñer véndome diante desa Leopedia!
Toda unha declaración de principios, si señor!
ResponderEliminar