Páxinas

venres, 1 de novembro de 2013

Xenética


 
Hoxe choveu e aínda chove e agrisalla as paisaxes e deixa repugnantes ou murchos aos nenos.
Pero non quero falar diso e si do paraugas de abaixo. Merqueino haberá uns quince días e meu irmán mercou o mesmo modelo un día deses noutro sitio distinto pero o " sete parroquias " igualito en todo !. El marcouno e eu tamén, non coa mesma marca que xa sería o colmo. Se todas estas casualidades non teñen que ver coa xenética que alguén mo explique



5 comentarios:

  1. Nestas cousas pode influir a xenética ou unha ensinanza común. Supoño que ós dous vos ensinaron a buscar a calidade do mesmo xeito, acertado ou non.

    Isa marca ten nome estranxeiro. Onde quedaron os paragüeiros galegos?

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  2. Se non chovera nestas últimas semanas o mellor non mercabades o paraugas. Conclusión: pode a que choiva axudara nesa casualidade. He, he!!

    ResponderEliminar
  3. Choveu.....chove e non e cusetion de xenetica, e de puro fastío.....Eu queria aproveitar a potne para facer bici e rutas....e mira ti. Onte alo menos sain ainda que volvin mollado ata os calzons, pero hoxe e imposible.....isto non e chover e un rio aberto nos ceos....cara a terra.Unha magoa.

    ResponderEliminar
  4. Eu tamén son de paraugas. Amólame moitísimo mollar a cachola. Escarállame a permanente!

    ResponderEliminar
  5. gústanme especialmente as fotos de hoxe. O tempo non está bo para facer nada fóra, pero sí para fotos, polo que se ve.

    non sei o da xenética, mais o das casualidades, non só neste caso, é algo que dá para moito!

    (sempre boto de menos un paraugas deses cando saco do meu bolso un pequerrechiño e pregable que non pesa)

    ResponderEliminar

És humano ti ?