Páxinas

sábado, 21 de decembro de 2013

Cestas, festivais e paxes


Cando xa non contaba coa cesta da empresa foi e apareceu. Sempre é unha alegría cargar co ela para casa.

O Leo tivo o festival do cole hoxe. O director case nos fai chorar falando do mal que o pasaba a xente agora. De quince familias que necesitaban caridade hai dous anos pasouse a noventa e catro este ano. Son xente que quedou sen traballo, sen paro e hai casos nos que lles cortaron a luz.
Como non era día para estar triste deu comezo ao festival onde houbo villancicos, panxoliñas, carols, bailes, unha historia do cinema e un monólogo adicado á lotaría do Nadal con parodia do anuncio incluida.
Os nenos da idade de Leo cantaron " O cuarto rei mago " de Mamacabra.

Como non se pode estar en dous sitios ao mesmo tempo perdín a visita dos paxes á gardería de Xela onde ela lles entregou a súa carta pedindo un regalo lila. O outro día sentouse no colo de Papa Noel nun centro comercial e quedou desilusionada porque non lle deu ningún regalo e deulle uns caramelos que non podía comer ela.

E así imos vivindo estas datas.

6 comentarios:

  1. Pedro, passei para deixar um abraço e desejar um Santo e feliz Natal com todos os que ama. Boas Festas.

    ResponderEliminar
  2. Felices fiestas familia
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  3. Moi boas e felices festas. :)

    ResponderEliminar
  4. Os nenos cada vez se desilusionan antes de Papá Noel e outros seres máxicos. Non me parece mal, canto antes sepan a verdade, mellor.
    A min tocoume este ano explicarlla a Alba. Prefiro que pase unha pequena pena pero que sepa a quen agradecerlle os regalos que recibe. E a ilusión non a perden.

    Tremendo iso que contas das familias necesitadas. Moi perigosa esa progresión.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  5. Non vos esquezades do regalo lila de Xela, por favor!

    Feliz Noiteboa para todos vos e unha aperta dende Antas!

    ResponderEliminar
  6. pobre xela, xa comenzan as decepcións cos homes! :D

    semella moi lindo todo o que refires das festas infantís as iluusións...
    eu lembro estar moi pendiente do meu fillo, pero creo que nas garderías antes non facían tantas argalladas. (o dos reis e iso sí, algún disfraz...)

    ResponderEliminar

És humano ti ?