Hoxe pasoume unha cousa misteriosa no choio. De crer nas bruxas pensaría que foi cousa dunha. Resulta que apareceu un periódico vello nun estante que emprego eu no traballo. Fixeime e coñecía a portada. O periódico era do 19 de agosto de 2012 e recoñecino porque eu conservo un exemplar desa data. Era o periódico que incluía a esquela de meu pai. Xa sei que todo é unha casualidade pero pasei o resto do día con medo de que me pasase algo. Agora estou na casa e supoño que estou a salvo...e que o demo sexa xordo.
Se eo fose crente, diriate que le reces un pai noso. Polo menos sirve pra recordo o periodico ese.
ResponderEliminarSe cadra, si non tiveras ese medo e a precaución que leva consigo, teríache pasado algo.
ResponderEliminarO que está claro é que tiveches presente ó teu pai, e seguramente el quería estar contigo ese día.
Unha aperta
Cousas máis raras pasan sen que indiquen perigo.
ResponderEliminaromo xa lin os outros apuntamentos do blog, xa sei que o do periodico foi casualidade.
ResponderEliminarinda hai pouco do pasamento do teu pai...un bico.
Curioso
ResponderEliminar