Páxinas

luns, 3 de febreiro de 2014

Rapaces e neve


Estamos en plena invernía e paseamos os nenos malamente. Xela quere ir a parques e brincar e malamente pode ir por debaixo de soportais na bici de Reis e bailar ao son dalgún flautista ambulante que ri cando lle dá moedas de unha en unha.
Como pasou a Candeloria e chorou e riu sabemos que queda aínda inverno así que para a fin de semana tocará acercarse á montaña portuguesa para enredar coa neve.


1 comentario:

  1. Entón, inda non lin os post que siguen a este, pero supoño que vivistes experiencias brancas!

    Pola candeloria soñei con paxaros. Cho xuro.

    ResponderEliminar

És humano ti ?