Páxinas

domingo, 24 de agosto de 2014

Trixésimo oitavo mes


E a nena segue medrando con pouca cousa comida a destempo despois de teimar co ela. Ten carácter forte e caprichoso pero ten momentos gloriosos de ledicia e cariño que compensan os malos momentos que nos fai pasar. É áxil e atrevida e tamén forte e solta calor día e noite. Esta semana picáronlle dúas vespras ( muitas hai este ano ) e chorou pero case non lle afectou.
No falar está co descontrol de " ayer " que lle vale para todo o pasado anque agora inclúe nese descontrol " martes " e " viernes ". É un chisco zarabeta e outra curiosidade que di é " descués " e " no cuedo " no canto de " después " e " no puedo ". Forma frases longas que rematan por onde empezan e pregunta bastantes cousas. Gústalle cantar e aprendeu anacos longos de cancións de " Xiqui, xoque ".
O pis e a caca lévaos ben esta semana e que o demo sexa xordo. De noite usa cueiro e ás veces pide teta pero cada vez menos.
E así vai.

5 comentarios:

  1. E vai muito bem. Cada criança tem o seu tempo, nem todas avançam com o mesmo ritmo, mas para uma criança com pouco mais de 3 anos está ótima.
    O meu Pedro dizia adenota e cabalhau em vez de anedota e bacalhau. E disse-o até aos 5 anos. No resto falava corretamente mas essas duas palavras saíam sempre trocadas.
    Um abraço e uma boa semana

    ResponderEliminar
  2. E que neno ou nena nesa edade non ten caprichos e se enrabieta?

    é unha princesiña de conto, que das outras non precisamos máis :(

    ResponderEliminar
  3. Medra linda e alegre, como convén. E o da fala tempo haberá a que se corrixa, que seguro que practica sen parar cos seus contos e cancións.
    Como di Zeltia: unha princesiña de conto.

    ResponderEliminar
  4. Está a crescer linda!
    O tempo encarrega-se de melhorar tudo.

    Um abraço.

    ResponderEliminar
  5. E logo eu non dixen nada aquí?. Quedaríase namais en intención.
    Non vos preocupedes moito polo de que sexa un chisco zarabetiña. Mariano é zarabeto total e mira a onde chegou...

    (Tomo nota da expresión "e que o demo sexa xordo")

    ResponderEliminar

És humano ti ?