Mañá empezan os nenos o cole e cústalles iso de deitarse cedo. Pero máis sofren algunhas nais pensando que lles van falar galego aos seus " retoños " e poden quedar tontos. Pasou na clase de Leo hai cinco anos e volve pasar este ano que empeza Xela.
Para tranquilidade destas nais podo dicir que se vai falar, ler e escribir menos en galego agora que hai cinco anos.
Agora poden sentar tranquilas a descansar neste banco que lles vai mui ben coas ideas que teñen.
ai, que triste.
ResponderEliminareu vivo iso na miña mesma familia.
despois de moitas discusións, xa calo. Parece que todo o que digo inda serve para que se poñan máis alporizados.