Páxinas

domingo, 14 de decembro de 2014

Santa Lucía e os porquiños



Imos camiño do Nadal e as celebracións acumúlanse.
Onte foi santa Lucía, patroa dos canteiros como o da foto dun monumento de Vilaguindastre que foi a feliz sustitución a última hora dun pozo andaluz que ían instalar nunha rotonda.
Nós estivemos montando unha árbore de Nadal en Vigo, tomando un chocolate no cal se tiña en pé a culler ( verídico cen por cen ) e admirando luces da cidade.


Hoxe fomos á Cidade das Burgas onde representaban a obra dos tres porquiños que remataba cun lobo comendo unha mazá. A obra estivo orixinal coas súas cancións e as pelotas que rodaron polo público e cun narrador que animaba a obra.
E imos cara ao Nadal.

7 comentarios:

  1. Gústame a escultura. Dáse a casualidade de que dous bisavós meus (os avós paternos de miña nai e de meu pai) eran canteiros e vivían porta con porta. A pesar de que as posibilidades de que meus pais se coñecesen eran pequenas (pola guerra e iso), xa ves, aquí estou. Felices días. :)

    ResponderEliminar
  2. A min tamén me gusta a escultura. Saberás quen a fixo?

    ResponderEliminar
  3. O señor Google dime que o escultor é Suso Balado, dato que descoñecía eu.

    ResponderEliminar
  4. Vivências que os meninos vão guardar na memória e lembrar pela vida fora.
    Um abraço e tudo de bom para vós.

    ResponderEliminar
  5. O do chocolate non sería en Chocolates Valor?? Felices festas!!

    ResponderEliminar
  6. Non. En Brétemas á beira da praza da Miñoca.

    ResponderEliminar
  7. pero non parades...!
    cantas lembranzas lindas van gardar da nenez os vosos nenos.

    ResponderEliminar

És humano ti ?