Páxinas
▼
venres, 9 de xaneiro de 2015
Os Reis e " arrousar "
Pasaron os Reis e Leo anda coa mosca detrás da orella co asunto de que non existen. Leo ten unha teoría que non deixa de ser curiosa. El di que a noite do 24 de decembro e a do 5 de xaneiro os pais saen sonámbulos das camas e poñen os agasallos para os nenos. Eu pregunteille como faciamos para entrar nas tendas e Leo díxome que nós iamos ao rocho que tiñamos unha especie de pozo de onde sacabamos os regalos.
Tamén me dixo que Papa Noel morrera de vello e que o Apalpador non existe que é un hillbilly que non dá nin castañas porque xa non hai.
E mentres o Leo vai aprendendo eu aínda aprendo palabras galegas como " arrousar " que é mover algo pesado ou afastado turrando alternativamente polas puntas. Eu xa sabía o de " rousar " que é ir marcha atrás un carro pero esta palabra parecida sorprendeume. Dubido que exista unha palabra en español co este significado.
Na foto está Melchor nun dromedario de verdade en Vilaguindastre. Gaspar ía noutro dromedario pero Baltasar ía nun camelo de verdade.
Ademais de curiosa, a teoría de Leo é revirada. ;)
ResponderEliminarPola miña terra "rousar" refirese a coller unha curva. Era cos carros.
ResponderEliminarIr hacia atrás as vacas ou o carro era "froxar"-
Estas verbas vanse perdendo
Viase perdendo esa riqueza, si.
ResponderEliminarNo Dicionario de dicionarios da lingua galega saen máis significados de rousar. Ata sae co significado de violar unha muller !.
pois na miña aldea ao do carro chámanlle "roucear"
ResponderEliminarMoi curiosa a teoría do Leo e tan difícil coma a oficial
Temos unha riqueza de vocabulario abraiante pero só está aí, nese libro de verbas oficiais.
ResponderEliminarUnha aperta.