Páxinas
▼
luns, 9 de marzo de 2015
Zeta de Curro Jiménez
O futuro é dos nenos e Leo exerce de ensinante con Xela. Na foto está Xela hoxe mesmo repetindo palabras co son " z " que é complicado para os nenos pequenos e para os estranxeiros. A min sóame ben tal como o di Xela pero Leo é un perfeccionista e non está conforme.
O que dicía: o futuro é deles e o pasado doutros. Mirando un vídeo de Carlos Velo de Galicia do ano 36 lembrei cando fun de extra ( con dous autobuses cheos de xente de Vilaguindastre e vendedores ambulantes ) alá polos oitetantos na película Gallego de Sancho Gracia. Faciamos de refuxiados da guerra civil en Francia e no segundo número seis podo recoñecerme á dereita de todo da imaxe na ringleira coas mans nos petos. Atrás miña viñan dous grandes amigos.
Que tempos !.
P.D: Engado o vídeo dunha Escuela Nacional de Friol alá por finais dos setenta. Igualiña á que fun eu anque eu non era do rural, senón dun barrio obreiro.
Este vídeo buscábao Tartaruga e topou cunha amiga que llo recuperou.
Aí queda para que non se volve perder.
Oh! Pero menuda xoia de documental! Vinte de extra! Que gracia!
ResponderEliminarEu teño pesar por non atopar un documental sobre a escola non sei se de antes ou da posguerra, no que os mestres falaban do grandísimo "problema de bilingüismo" que tiñan os nenos. Non conseguín volver chegar a el por ningunha vía, a ver se ti tiveras máis sorte e o atoparas.
Tamén fixeche de extra. Vaia, vaia!!
ResponderEliminarNon sei que pasa que "o servidor proxy recházame as conexións"... quedo sen ver o video, pero sobre todo quería verte a ti jeje.
ResponderEliminarInda que, coa miña mala memoria, pero xuraría que eu esa foto xa a vín. Quizá noutro post de hai tempo?
volverei! grrrrr