Páxinas

xoves, 16 de abril de 2015

1111


Hoxe quedamos no choio sen pallets e un compañeiro dixo con ironía que o xefe non se decatou porque os pallets non falan. A min viume á boca a frase que só lle oín dicir a meu pai: " Non falan nin toan " e tiven que explicar que " toar " significa dar sinais de vida, facer caso.
E últimamente semella que o bloguerío non fala nin toa que levo tres posteos seguidos e non houbo ningún comentario... e levo 1111 posteos e é a primeira vez que me acontece tal cousa !.
En fin, como di a pintada: " As paredes falan. Falemos con elas ! ".

5 comentarios:

  1. Ás veces non comentamos porque non sabemos que dicir. Bicos, pai de Leo e Xela. ;)

    ResponderEliminar
  2. E noraboa por eses 1111. Caraina!

    ResponderEliminar
  3. De vez em quando os leitores, ou tiram férias ou abandonam os blogues por troca com o Facebook.
    Depois quando percebem a diferença, ou regressam ou fecham as portas de vez.
    Um abraço e bom fim de semana

    ResponderEliminar
  4. A bloguería estamos moi calados, é certo. Cada vez hai máis blogs especializados nalgunha temática mentres que os, digamos, "xerais" e "personais" foron minguando.
    Eu creo que, en parte, é polas redes sociais tipo "facebook". alí publicas e podes ter todos os lectores que queiras (depende de a canta xente agregues) e hai un feed back inmediato.
    Eu penso que cada cousa ao seu.
    Hai uns meses tiven que facer un curso de community manager (un rollazo que mete medo)para o traballo, e quedoume claro que cada plataforma ten as súas funcións, inda que moita xente as utilice mal.
    "facebook para as persoas, Twitter para as ideas"
    e o blog para o que a un lle pete, eh? va que si!

    ResponderEliminar
  5. ah e esquecíame! parabéns polos 1111
    xa é unha cifra que ben merecía unha tarta!

    ResponderEliminar

És humano ti ?