O venres saiu Xela contenta do cole porque traía para casa a mascota " Peliños ". Esta mascota bota unha fin de semana con cada neno e nunha libreta póñense fotos e textos explicando o que fixo " Peliños " na casa do neno. O malo foi que Xela lle pintou algo na fazula do moneco e non lle dá saído.
En fin, accidents happens.
Despois dunha semana con chuvias e nubes hoxe quería saír o sol con forza.
A foto tireina cando saín de traballar de noite hai trece horas e nela a néboa desfaise en fíos entre as árbores e as canteiras.
As cada vez máis escasas anduriñas aniñan onde poden e lles deixan. Non sei se para o ano que vén seguirá o niño aí.
E nós fomos mirar a película de " Astérix e a residencia dos deuses ". Mui ben os debuxos e a historia. O que me chocaba era a voz das personaxes principais que eu nunca imaxinaría así.
A recuperar lentamente de mais uma crise provocada pela ausência de saúde, passei para desejar um bom fim de semana
ResponderEliminarUm abraço
pasa iso das voces.
ResponderEliminare pasa iso da mascota de peluche.
Lembro que tamén o Leo traía outro boneco para a casa algún fin de semana, inda que non recordo como era.
A foto da néboa encannnnnntame.
ResponderEliminar