Levamos uns días escuitando o CD de " Migallas " e
nunha canción falan de debullar o millo. O Leo quería saber que era iso e nada millor que coller dous verrouchiños do canastro de Arbo e ensinarlles a debullar. Gustoulles aos nenos a faena e pasaron a viaxe de volta en silencio sen pelexaren e debullando ata deixaren os casulos limpos de granceiros.
Agora tócame apañalos polo coche adiante antes de que naza millo !.
Mágoa os cadrís, pero a que foi lindo? ;)
ResponderEliminarBótalle un pouco de esterco e fas unha leira no coche. Outra forma de aproveitar o espazo, he, he!!
ResponderEliminardebullar tiña o seu encanto. Eu de nena debullei na casa, ensináronme a coller un carozo e con el facer un xiro con presión, e debullabas a espiga de contado, inda que terminaba cos dedos esfarelados :(
ResponderEliminargustábame máis esfollar e ter a sorpresa de atopar unha "marquesa" ou unha "reina", que eran mazorcas con pintas ou totalmente vermellas as segundas.