Páxinas

martes, 5 de maio de 2015

Debullando


Levamos uns días escuitando o CD de " Migallas " e nunha canción falan de debullar o millo. O Leo quería saber que era iso e nada millor que coller dous verrouchiños do canastro de Arbo e ensinarlles a debullar. Gustoulles aos nenos a faena e pasaron a viaxe de volta en silencio sen pelexaren e debullando ata deixaren os casulos limpos de granceiros.
Agora tócame apañalos polo coche adiante antes de que naza millo !.

3 comentarios:

  1. Mágoa os cadrís, pero a que foi lindo? ;)

    ResponderEliminar
  2. Bótalle un pouco de esterco e fas unha leira no coche. Outra forma de aproveitar o espazo, he, he!!

    ResponderEliminar
  3. debullar tiña o seu encanto. Eu de nena debullei na casa, ensináronme a coller un carozo e con el facer un xiro con presión, e debullabas a espiga de contado, inda que terminaba cos dedos esfarelados :(

    gustábame máis esfollar e ter a sorpresa de atopar unha "marquesa" ou unha "reina", que eran mazorcas con pintas ou totalmente vermellas as segundas.

    ResponderEliminar

És humano ti ?