Páxinas

mércores, 3 de xuño de 2015

Boas excursións


Mañá o Leo ten a súa excursión que é unha saída á praia de Samil todo o día con xantar nunha coñecida hamburguesería. Non é unha excursión como para tirar foguetes pero prefiro un día de praia que non visitar un cuartel de policía e xogar a polis e manifestantes ou sexa, bos e malos, co significado que iso pode entrar nesas mentes infantís.
En fin, menos mal que foi en Portugal pero non me extrañaría que se chegase a facer por aquí.

2 comentarios:

  1. Non sería raro que pasara aquí, non. Pero se se fixera, acabaría coa detención de alguén, pero prohibindo que o fotografaran 0_o

    ResponderEliminar
  2. Flipo!

    polis e manifestantes...! coma antes con vaqueiros e indios, que ninguén quería ser indio

    haberá hoxe nenos que queiran ser manifestantes? as porras e os uniformes sempre foron atractivos. Non me gusta nada este xogo, parece unha maneira de manipulación nada solapada.

    ResponderEliminar

És humano ti ?