Páxinas

venres, 11 de setembro de 2015

Empeza a fin de semana


Despois de reservar o novo dormitorio de Leo tiramos para a praia para pasear e gozar do solpor sobre as illas Cíes.


Fotografei o tobogán do Di San Remo antes de que o boten abaixo un día calquera.


Paseamos e volvemos ao Di San Remo a cear algo anque non o arroz con lumbrigante. Resultoume curioso que non puxeran o nome do prato en galego e si en idiomas coma o basco ou o hebreu. Nin sequera o puxeron en portugués  que sería " arroz com lavagante ".


Empezaba a noite e soaba música no ambiente.

 
Pasou unha limusina con mulleres que supomos ían nunha despedida de solteira.
Era hora de retirarse. Está claro.


4 comentarios:

  1. Cómpre volver á rutina. E os nenos medran. Mimá!!! :D

    ResponderEliminar
  2. bonitas imagens.
    Um abraço e bom fim de semana

    ResponderEliminar
  3. Pudeches probar que o mellor facíanche sitio na limusina, he, he!!

    ResponderEliminar
  4. mira o raposo, hahaha, non creo que houbese sitio para os nenos!

    pois non coñezo ese, parece ser, restaurante pintoresco e histórico na zona que, polo visto, van botar abaixo. (no próximo que abran, igual inclúen o galeo nas súas pizarras)

    ResponderEliminar

És humano ti ?