Páxinas

sábado, 14 de novembro de 2015

Calcetíns e patinaxe

 
 
Hoxe os nenos estaban dispostos a bater retos do programa Selfie Show. Xela puxo na cabeza seis viseiras e Leo quería bater o récord de calcetíns e cando levaba quince pares empezou a sentir presión nos pés e tocou quitalos.


Pero á tarde Xela cumpriu un dos seus soños: patinar sobre xeo. Foi en Ourense e temos que repetir a experiencia que lle gustou. Desta vez acompañouna Naideleo que non sabe patinar e para a próxima tocarame a min que tampouco sei. Xa me doe todo o corpo de pensalo !.

2 comentarios:

  1. Trambolhão a mais ou a menos, o que é isso para um pai, ou mãe, perante a alegria se um filho?
    Um abraço e bom domingo

    ResponderEliminar
  2. Pois pide que che deixen un golfiño máis grande co da Xela para axudarche a non caer moitas veces.

    ResponderEliminar

És humano ti ?