Pregúntanme de onde saco o que escribo pero non hai misterio ningún. Eu camiño tranquilo e aparece unha imaxe que me choca. Fotografo a escea e logo matino que pode ser. Neste caso pensaba que a policía local quedara sen cepo pero non pon nada de policía local na fita. Logo pensei que é unha broma do estilo que se lle fai aos
recén casados pero por fin caio da burra. Seguro que o dono non pode fechar o coche e para que non llo rouben non se lle ocorre millor idea que empapelar así o coche e atalo a unha farola.
Caramba deve levar umas duas horas a prende-lo e outras duas a soltá-lo.
ResponderEliminarUm abraço e bom fim de semana
Unha medida moi disuasoria, sen dúbida!
ResponderEliminarhttps://www.youtube.com/watch?v=k-jJ4uq8TWk
ResponderEliminarO do vídeo da Churrusqueira ten máis que merecido e non é o mesmo caso porque este da foto estaba ben aparcado.
ResponderEliminar