Onte foi o día internacional das mulleres e o centro de Vilaguindastre estaba adornado con fotos antigas da primeira alcaldesa, concelleira, de mestras, unha pianista, etc. Tamén había fotos de vendedoras e faltaba esta foto de lavandeiras que viña ben a conto.
Está mui ben que se visualice o traballo de todas as mulleres que o mundo non sería así sen elas.
Mudando de tema, o Leo mais eu estivemos buscando nomes de fobias como
cinofobia ( medo aos cans ),
acrofobia ( medo ás alturas ) ou
escotofobia ( medo á escuridade ) que son bastante comúns. Logo hai
medos máis raros e entre eles topei un que por fortuna non teño:
calixinefobia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
És humano ti ?