Páxinas

sábado, 2 de xullo de 2016

Armada pero inocente


Anque Xela durma armada é inocente. A pistola é de madeira e di cousas inocentes. Hoxe vin de mercar e preguntoume se xa tiñamos cartos para comprar unha casa porque quere ter un can e nós dixémoslle que antes tiñamos que mercar unha casa. O caso é que lle dixen que non, que nos fan falla os cartos para comprar comida e vai Xela e di: " Ya sé: no compramos comida " e pregunteille " E que comemos ? ". " Pues comemos en bares " respondeu a nena toda chea.

3 comentarios:

  1. Desde Madrid, unha aperta pra Xela, que xa é moza.

    ResponderEliminar
  2. pura lóxica.
    Permíteme que che conte eu unha cousa igual do meu fillo cando tiña por aí a edade de Xela:
    Imos pola rúa
    -comprame tal cousa
    -No, no tengo dinero
    - pues mete la tarjeta en el cajero del banco".

    En fin.

    ResponderEliminar

És humano ti ?