O luns quixen asistir a unha charla coloquio sobre " Muller: saber e poder " e cando empezou tiven que marchar. Parecía que ía ser interesante o relatorio de Ledicia Costas e María Reimóndez baixo as preguntas de Fran Alonso. Noutra ocasión será.
E onte foi un cambio radical indo mirar a película " Emoji " que resultou un fracaso para os adultos que fomos e mesmo para Leo que calificou a película como a pior da historia. E non somos os únicos que opinan
iso.
Unha mágoa ter que marchar cun elenco tan notorio. Unha mágoa que a película sexa un tostón.
ResponderEliminarPero tes razón; noutra ocasión será