Xela está pasando por unha etapa " tranquila " da súa vida que case obedece sempre e non está tan protestona e pegona. Iso si, para comer nin a tiros come. Eu non sei de onde saca as forzas para botar todo o día a xogar e a argallar como no momento da foto onde fixo unha táboa para sumar e restar totalmente ideada por ela.
Tamén está feita unha rompe-corazóns que ten a Llechat triste porque Xela quere casar con Ñajeill ou con Isoj.
E así estamos: cos días que pasan entre clases e actividades coma taekwondo, inglés, piscina ou ioga.
Éche a vida de pai !.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
És humano ti ?