Levo tempo escuitando no choio a frase " Hai fanecas " que se usa cando un está rascando o cu porque lle proe. Busquei en google e apareceu como
frase feita en Sibil, Curtis. " Mañá hai fanecas " (Fórmulas 165 páx-302).
Sen saír desta zona do corpo outra palabra que escuito é " peida " referíndose ao cu.
E non hai millor foto para ilustrar este posteo ca este " tapapeidas " ou " afogafanecas " dun bazar chinés que, curiosamente, ten o laciño atrás en vez de diante.
Dá a sensação que foram vestidas ao contrário.
ResponderEliminarAbraço e bom domingo
Toda unha lección maxistral!.
ResponderEliminarO do laciño do revés, vai ti saber!; igual ten algún motivo que habería que investigar...
Apertas