Páxinas

luns, 15 de outubro de 2018

Un ano dende aquel inferno


Hai un ano multiplicábanse os incendios polo vento, o calor e o seco que estaba todo. Foi un inferno en muitas partes e outras salváronse só por non estar a favor daquel vento resto do furacán Ofelia.
Un ano máis tarde os eucaliptos vellos arderon pero no pé deles inzan fillos porque esta especie actívase co lume.


As sobreiras ( que son poucas ) tamén aguantaron o lume coa casca gorda que teñen que é de onde sacan o corcho para as rollas das botellas. Outro tanto pasou cos carballos. Os que si morreron sen remedio foron os piñeiros que son prantas leñosas e consúmense co lume.

Esperemos que Calleja non volve facer un programa sobre os incendios nunca máis.

2 comentarios:

  1. Muito interessante.
    Abraço e uma boa semana

    ResponderEliminar
  2. Menos mal que a Natureza ten tendencia a rexenerarse. De non ser así, e de depender de nos, hai tempo xa que non tiñamos planeta. E non sea cánto durará...
    Qué ledicia ver o verde

    Un bico

    ResponderEliminar

És humano ti ?