A xoubiña segue medrando e agora ten unha amiguiña na casa: Elsa. Xela está como tola coa cadela e acaríñaa todo o día, paséaa e recolle as súas " cousiñas ". A cadela déixase querer e é boíña e aínda empezou a ladrar un chisco onte e iso que mañá xa fai dúas semanas na casa. Non debeu de levar mui boa vida que está acañada e non sabe xogar con pelotas nin paus. Tampouco debeu andar con correa que non sabe que o paseo é para que faga as súas cousas.
A cadela ten o nome dunha protagonista da película " Frozen " pero eu non podo evitar lembrar á leoa da miña infancia de
" Nacida libre ".
Ningún comentario:
Publicar un comentario
És humano ti ?