A nosa Xeliña está guapa e áxil a pesar do pouco e nada variado que come: misterio da natureza !. Ela argalla coas maquiniñas ou cando vai ao faiado e desmonta toda a xoguetada para crear circuitos ou mundos para outros monecos. Gústalle a piscina e xogar ao " Uno ". Tamén lle dan ataques de cariño con Elsa a cadela e fai dela un pandeiro. Menos mal que a cadela ten muita paciencia que se non xa a tiña máis que trabada. Iso si, para paseala non anda tan lixeira.
Uma Princesa. Linda!
ResponderEliminarAbraço e uma boa semana