E hoxe foi un domingo importante e case coma os de antes. Hoxe os nenos por fin puideron saír dar un paseo dunha hora preto das súas casas. Fun mercar pan no mediodía e as rúas tiñan movemento tranquilo pero movemento e había persoíñas por aquí e acolá camiñando, con bici ou patíns ou monopatíns e había ledicia e algúns risos. Xa o botaba en falta.
E pola tarde saiu Xela despois de non calzar calzado de rúa dende hai 40 DÍAS !! Que se di pronto !
Espero que o becho non aproveite esta nova liberdade e que a xente siga tomando precaucións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
És humano ti ?