É certo. Teño un traballo suxo e ruidoso, quente no verán e frío no inverno, cuns turnos-sorpresa que ata o venres non sei de que xeira traballo o luns, cunhas vacacións preestablecidas que coinciden ou non coas dos fillos. Pero teño un choíño e no tocante á saúde todo vai normal e non coñezo a ninguén en persoa que estea ou estivese infectado co Escornaviros.
Supoño que son afortunado...e que siga así a miña normalidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
És humano ti ?