O outro día apareceu a oficinista asustada porque mirou unhas luces extrañas no ceo. Eran brancas e ían seguidas. " É un avión coas ventanillas coa luz encendida " dixo un compañeiro e botamos a rir. Logo, consultando no quitateimas de Google explicou que era un
carrusel de satélites que mandou un millonario ao espazo para facilitar as telecomunicacións.
Non aprendemos e o mundo segue indo a velocidade absurda a esmagarse contra unha parede.
Allea á tolemia humana, unha
cobra riscada pasea pola Risca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
És humano ti ?