Este mes caloroso remata cunha baixada de temperatura que se agradece e máis cando temos que levar máscara tanto tempo. Ata no traballo andan enriba disto. Máscara ou queixada que muita xente así a leva posta no queixo e eu podo incluirme. disto. A ver se non obrigan a levala conducindo no coche propio que xa sería o colmo.
E nada, hoxe descubrín a película
" A illa das mentiras " e teño cobiza de mirala. Vai das heroínas da illa de Sálvora que rescataron a remo a corenta e oito persoas dun barco que naufragou nesa illa nunha noite de Nadal e non había homes na illa. Foi o pior naufraxio de España e hai uns cen anos desta traxedia.
Na foto poño mariñeiros atrás e dúas mulleres remeiras diante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
És humano ti ?