Aquí temos a pizpireta que non ten pelos na lingua e di as cousas tal como as pensa e mira. É curiosa e se imos no coche pregunta de todo. Tamén vixía que non sobrepase a velocidade permitida. Gústalle a fruita e o chocolate canto menos " sano " sexa. Está tranquila ante o comezo do cole e das súas actividades que serán case as mesmas ca antes. O inglés xa non o terá presencial. As actividades serán fóra do cole que as Anpaa ( Asociación de nais e pais de alunas e alunos ) non están para luitar contra o Contraviros.
A ver como queda a cousa que nunca houbo un comezo de curso tan neboento.
Seguro que terá bo ano, sexa presencial ou caseiro. Ten pinta de lista!
ResponderEliminar