Vai calor e rematan os días treboentos. Os nenos están rematando o curso e con boas notas. Naideleo xa ten a segunda dose da vacina e a min creo que me chaman para a semana. Falan de quitar os betillos andando polo exterior...oxalá !
E La Coz de Galicia vende un libro en español dun escritor galego mentres Danone promociona os seus produtos en galego.
Nada novo neste mundo !
O de quitar a máscara en exteriores e sobre todo en zonas rurais pouco poboadas xa vai sendo hora. Que sentido ten levala posta cando un está, poño por caso, no medio do monte? Ningún.
ResponderEliminar