leoeosseus

luns, 29 de xaneiro de 2007

Catro meses



Estes días o Leo fixo catro meses e vai ben e riseiro. Puxéronlle a vacina e andou un par de días repugnantiño pero xa lle pasou. Agora pasa muito tempo " falando " só, facendo burbullas coa baba e bota gargalladas cando esperta e cando apareces de sorpresa no seu campo de visión.

Etiquetas:

14 comentarios:

Ás 07:06, 30/01/07 , Blogger rifenha dixo...

Parabens para Leo. E vós que o disfrutedes. Hà poucas cousas neste mundo tão maravilhosas coma um bebé. Coma um filho, que che vou dizer...!

 
Ás 09:59, 30/01/07 , Blogger Moralla dixo...

Que sorriso tan fermoso! os meniños aportan frescura e ledicia ás nosas vidas, ganas de vivir e querer!
noraboa por poder saborear eses momentos co teu filliño!
Bicos

 
Ás 10:55, 30/01/07 , Blogger Elianinha dixo...

Pero se dá ganas de comelo!!! Que lástima que medren tan rápido...

 
Ás 17:41, 30/01/07 , Blogger torredebabel dixo...

Parabens para Leo que cada día está máis e máis guapo! e tamén para os pais que fan del un neno feliz, como ben se pode ver na foto. Apertas!

 
Ás 18:33, 30/01/07 , Blogger cris dixo...

Pois sí que cambia rápido! E moi ben falado iso do campo visual!Como dirían os meus mestres da facultade o Leo atópase na etapa sensorio-motriz da súa evolución intelectual, e xustiño no medio da fase do balbuceo da etapa prelingüística.
Canto sei! Je Je Bicos

 
Ás 21:15, 30/01/07 , Blogger Mario dixo...

Que riquiño, e iso de que ría cando ve a alguén debe ser unha marca de carácter, hai outros que berrean como se os foses comer.

 
Ás 23:55, 30/01/07 , Blogger mamiago dixo...

Xa me contarás como se fai para ter tantos comentarios o instante.
Bicos para Ana e para o neno.

 
Ás 00:37, 31/01/07 , Blogger Torreira dixo...

Menudo felecho que nos anda o rapas Pai-de-Leo...este si que non precisa do bibe de LK

 
Ás 01:34, 31/01/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Tes un home feito e dereito..Cando te xubiles xa tes a quen deixarlle o Blogo

 
Ás 14:29, 31/01/07 , Blogger moucho branco dixo...

encántame esa cara de pillabáns que poñen!, :P

está moi feitiño o Leo!

 
Ás 14:02, 01/02/07 , Blogger X dixo...

Vese que o criades ben que anda todo feliz e fermoso.

 
Ás 21:28, 02/02/07 , Anonymous Anónimo dixo...

aiiiiiii, pero que cousiñaaaa!! Tenme tola este neno! Estan máis ricos cando empezan a balbucear...
Fai case un mes que non podo ver ó meu afillado por culpa dos exames, e o Leo quítame un pouco o mono :)
Disfrutade moito destes momentos, e feliz cumpremeses para o pequeno.
unha aperta!

 
Ás 23:53, 03/02/07 , Blogger David dixo...

Que bonitiño está! :D Parabéns!!!

 
Ás 17:47, 05/02/07 , Blogger Peke dixo...

Está riquiñísimo. E a ti, non se che cae a baba coma a el? :)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio