leoeosseus

luns, 28 de maio de 2007

-eiro


Cada zona ten as súas características lingüísticas propias e esta onde vivo non ía ser menos. Aparte doutras singularidades ten un emprego especial do sufixo -eiro que individualiza palabras colectivas e así, por exemplo, dise "granceiro" no canto de "gran" para distinguir un gran de millo de todo o gran en xeral. Tamén dise "ombreiro", "videira" e incluso "peleiro" que ten plena vitalidade e por aquí é bastante normal oir: Non te pases un peleiro, Móveo un peleiro para aquí, etc. E todo isto vén a conto polo das eleccións que o outro día dixo un compañeiro algo que nunca oíra antes: Os políticos dedícanse todos ó mesmo: á roubeira.
Ogallá que este meu compañeiro estea errado e que os novos alcaldes e concelleiros sexan honrados.

Etiquetas:

13 comentarios:

Ás 00:35, 29/05/07 , Blogger busto.agolada dixo...

Espero o mesmo dos alcaldes e grazas por nos ilustrar coa riqueza lingüística deste nosa terra, coas particularidades de O Porriño.
Un saúdo.

 
Ás 01:57, 29/05/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Quizáis o teu compañeiro debera dicir ás robeiras, en plural... Pero bueno, que veñan mellores tempos, ou no seu defecto, nunca pior, que din os velliños con razón.

 
Ás 10:34, 29/05/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Que lindo iso de roubeira.

 
Ás 18:10, 29/05/07 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Mira pois aquí pola parte de valdeorras, esperemos que os políticos non sexan ladrois e que levan os pantalois no seu sitio, e que teñan as maus limpas e que non teñan moitos irmaus aos que enriquecer... bueno era unha forma de nomear algunhas características do galego no oriente ourensán.
Un saudiño.

 
Ás 20:39, 29/05/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Iso o vexo un pouco 'complicadeiro' de máis...En fin: fe, esperanza e caridade, porque é pouco doado fiar neles...

 
Ás 22:32, 30/05/07 , Blogger paideleo dixo...

Tamén se di herbeira co significado dunha herba para distinguilo de herba en conxunto.
Pola zona leste teñen ese plural de -ón en -ois tan peculiar. Eu sei o conto dun que foi á feira a mercar porcos e saíronlle "bois" (significando bos).
En adxectivos non se emprega esa terminación...de momento.

Graciñas polos vosos comentos.

 
Ás 01:51, 31/05/07 , Blogger Nemeth dixo...

na parroquia do meu pai (na miña e na da miña nai non, somos de terras de transición) meten os pais no forno... :) Claro está que tamén hai quen ten mutos millois (=moitos millóns).

Na da miña nai din munguir e na do meu pai muxir e luarmente (=neste lugar).

Apertas

 
Ás 09:37, 31/05/07 , Blogger Veloso dixo...

Está interesante o debate dialectolóxico de hoxe. Ben, en Silvaoscura diriamos "huxe". Un saúdo dende Zamora, onde nunca están de pé. Con toda lóxica, os zamoranos prefiren estar "de pies".

 
Ás 14:47, 31/05/07 , Anonymous Anónimo dixo...

a ver se alguén oíu falar algunha vez dunha "purridera".. na zona sur de lugo, en cima de vila polo menos e o redor, chamaselle así o que en espanhol chaman orca. tamen se dí cuitela en vez de fouce... agora mesmo non me lembro de moitas, pero voume ponher a investigar. (a mellor investigacion sentir falarlle os maiores, sen dubida)

 
Ás 22:32, 31/05/07 , Blogger Suso Lista dixo...

En Corme, dise Forquita (horquilla), e fouciño(hoz). Os Alcaldes dedicanse a "roubeta". En www.corme.net. levamos tempo facendo entre todos o diccionario con palabras propias de Corme, invitovos a que fagades o mismo no voso mundo. Saludos.

 
Ás 07:51, 01/06/07 , Blogger Torreira dixo...

Ogallá que algún polo menos si o sexa pai...apertas

 
Ás 23:13, 01/06/07 , Blogger mamiago dixo...

Teño unha anecdota-chiste. O outro día paseando cos mes fillos e os meus pais, o pasar delante de ZARA HOME, dixo unha muller o seu marido. ¿E QUÉ PINTA UNHA CAMA EN ZARA HOME?.

 
Ás 17:15, 04/06/07 , Blogger torredebabel dixo...

o que vou aprendendo contigo supera en moito as clases que podo atopar en Bos Aires. Graciñas!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio