leoeosseus

domingo, 22 de xullo de 2007

Quilómetros e quilómetros


O Leo foi o xoves a Culleredo e Ana tivo que mercar unha saia que se puxo coma un pito coa chuvia. Venres á mañá tocou visita á pediatra que o Leo tiña un ollo mal supostamente por algún golpe con algún xoguete. Pola tarde fixemos fotos do Leo en papel. Á tardiña TioNan mercou El Jueves apesares da proibición que había sobre a venda da revista. A cea foi de empanada de zamburiñas. Á noite o Leo durmiu mal por mor dos dentes de arriba. O sábado o Leo estivo por Marín e Beluso con Cris e Toño e o domingo foi a Arbo. O camiño de volta foi con chuvia, por non variar.

Etiquetas: ,

8 comentarios:

Ás 12:51, 23/07/07 , Blogger Raposo dixo...

Pois que teña coidado o TioNan, que como se enteren que mercou a revista ....

 
Ás 19:39, 23/07/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Agardo que se poña ben o vos pequeno, para poder ver con eses enormes ollos todo o que os seus viaxeiros pais lle teñen que mostrar...

Respecto de El Jueves, que garde a revista, que seica se cotiza que non vexas...Apretas para os tres.

 
Ás 22:36, 23/07/07 , Blogger Suso Lista dixo...

Aquí dise que está o tempo criador. Co Jueves, nunca creín que os cda Casa Real iban "traballar tanto" coma pra secuestar a revista. Pais de locos e xusticia carca e franquista.

 
Ás 22:48, 23/07/07 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

O Leo paseando por Beluso e eu sen velo. Dende logo... XDD

1bico grande.

 
Ás 22:59, 23/07/07 , Blogger O Breogán de Gáidil dixo...

Ese Jueves consérvao en formol, que de seguro marcará dalgún xeito un antes e un despois.
Que o Leo poida lelo (cos olliños ben xa) e saiba que cando el era neno, 30 anos despois de que caera unha dictadura, aínda seguía a "haber clases" neste país.

 
Ás 23:11, 23/07/07 , Blogger Mrs.Doyle dixo...

...a chuvia... Vai resultar que somos anfibios, de verdade...

Grazas polos ánimos ;)

 
Ás 01:33, 24/07/07 , Blogger paideleo dixo...

Graciñas polos comentarios.
O Leo segue co ollo vermello pero supoño que será normal.
TioNan aínda non foi ó cárcere e espero que non vaia.

 
Ás 19:41, 30/07/07 , Blogger torredebabel dixo...

Se as fotos son quen de atrapar tanta ledicia e fermosura é porque sodes guapos e unhas personas lindísimas! Apertas moitas! xa nos coñeceremos a próxima vez.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio