leoeosseus

domingo, 21 de outubro de 2007

Casa da auga de Vide

Onte fixo calor e houbo xente que foi á praia. Non estaba " abarrotada " como dicía o FarodeVigo pero algunha xente si que había...e bañándose e todo.
E hoxe puiden visitar a Casa da Auga en Vide, As Neves. É un museu instalado na casa rectoral onde hai paneis con fotos e obxectos que explican a relación que teñen na zona coa auga. Falan tanto do regadío coma de muiños pero o que máis tratan é sobre a pesca da lamprea dende os pescos construidos para ese propósito.
Na foto de abaixo vese xente con corozas pescando meixóns. Non puiden evitar facer a foto desta imaxe que semella un retrato de aborixens norteamericanos e non xente veciña de hai menos de cen anos.


Etiquetas:

9 comentarios:

Ás 23:09, 21/10/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Hai moitas cousas na Galiza, que parece que o tempo nas gastou. Por certo, aquí o meixons pescanse denoite.

 
Ás 12:32, 22/10/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Pero esa foto é actual?

 
Ás 13:24, 22/10/07 , Blogger oko dixo...

eran os mellores impermeables da época! non entraba nin unha gota! pero agora non me dá saído a palabra que usa meu pai para nombralos...

 
Ás 16:50, 22/10/07 , Blogger Fada Branca dixo...

e esa foto é de hoxe, de hai poucos anos?

 
Ás 17:14, 22/10/07 , Blogger busto.agolada dixo...

Interesantes as dúas imaxes: o museo e a coroza. Cada vez coñezo mellor o sur da provincia. Saúdos

 
Ás 21:03, 22/10/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Que alucinante a fotografía! Por certo que son os meixóns?

 
Ás 21:58, 22/10/07 , Blogger paideleo dixo...

A foto non é actual, creo que é dos anos corenta e eses homes estaban pescando meixóns que son as crías das anguías.
A coroza era bastante usada pola zona do río Miño e estaba feita de colmo ou palla de centeo e parece que era bastante impermeable.

Graciñas polo interés e os comentarios.

 
Ás 09:54, 23/10/07 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Parece que pasaron moitos anos vendo esa foto... pero non son tantos !canto cambiou isto.

 
Ás 16:01, 23/10/07 , Blogger torredebabel dixo...

moitas veces, o noso fala do alleo, e o alleo do noso.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio