leoeosseus

sábado, 22 de novembro de 2008

Magosto 2008



Hoxe fixemos o magosto deste ano cun día fresco e rodeados de follas de outono. O calor das castañas, da boa compaña e dos pións non foi suficiente para aguantar no parque da Risca. Houbo que recollerse e quentarse cun chocolate caseiro.

Etiquetas:

14 comentarios:

Ás 23/11/08, 00:04 , Blogger Eavesdropper dixo...

Que envexa! Magosto é unha das festas galegas ás que sempre quixen ir... Gracias polo post, gústame que haxa lectores que teñan interese polo uso da lingua (aínda que no teu caso sexa máis cara ao galego jejeje). De tódolos xeitos teño en mente escribir un post sobre a relación etimolóxica e semántica dalgunhas palabras galegas con outras que usamos en Andalucía axiña que teña documentación ao respecto. Saúdos cordiais Paideleo!

 
Ás 23/11/08, 09:57 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

mmmmmmmmmm chocolaaaaate!! :)

 
Ás 23/11/08, 13:27 , Blogger An dixo...

Que mellor que comezar a natureza e rematar recolliddos no fogar...saúdOs e apertas

 
Ás 23/11/08, 16:40 , Blogger Raposo dixo...

E logo ía frio? Se levaras augardente de herbas y lle pegaras uns bons chupinazos verás como si aguantabas, je, je.

 
Ás 23/11/08, 20:36 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

É amigo já está frio... Embora os magustos saibam bem é com o frio.
Um abraço e uma boa semana.
E vai tudo bem convosco?

 
Ás 23/11/08, 21:38 , Blogger Cuspedepita dixo...

Si, xa pasou o San Martiño co seu "veranillo" e agora vai frío. Din que teremos neve por aquí esta semana que ven.

 
Ás 24/11/08, 00:40 , Anonymous Anónimo dixo...

blogueiro de pacotilla

 
Ás 24/11/08, 18:02 , Anonymous Anónimo dixo...

Un pouco tarde para o magosto, non? Que conste que para min foi unha festa que descubrín en Ourense e sempre se celebraba a principios de mes ou sobre o día once. E si, vai un frío que pela. Rico chocolate. Ummmmm!

 
Ás 24/11/08, 21:21 , Anonymous Anónimo dixo...

No cole tamén celebramos o magosto, pero xa fai algún tempo.
Calquera sae a rúa estes días...
Un biquiño para vostede e outro pra Leo, que xa debe ir feito un mozo.

 
Ás 25/11/08, 10:31 , Blogger LM dixo...

que som pións?

 
Ás 25/11/08, 17:21 , Blogger fgul dixo...

lembro cando, de pequenos iamos ao souto (daquela un souto perto era "o souto") coller castañas para despois asalas na cociña de ferro...

 
Ás 25/11/08, 19:54 , Blogger Carlos Sousa dixo...

O magosto para agosto, como dicían Os resentidos, para non pasar frío haberá que pensar en cambialo. Pero o magosto sin frío, non sei... millor que corra un chisquiño de viruxe, e que haixa uns chupitos para poder correlo, como dí o raposo.

Un saúdo.

 
Ás 25/11/08, 20:15 , Blogger Suso Lista dixo...

Pois hoxe, martes, non hai quen saia da cama, je je

 
Ás 26/11/08, 10:40 , Blogger LM dixo...

mil perdóns paideleo mas é que me perde a curiosidade. neste post falas de pions( brigada por solucionar-me a dúvida) e no dos jogos tradicionais falas de trompos, som diferentes ou é simplesmente formas diferentes de chamar á mesma coisa?
beijos agradecidos

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio