leoeosseus

sábado, 20 de xuño de 2009

Aproveitando a praia


Onte ata o coche desfrutou de sombra e esta vista por só dous euros. Recupereinos cando fun mercar bebidas a un bar que rexentaba un dobre de Julio Iglesias que tiña unha foto preciosa da illa de Toralla antes do rañaceos. Digo que os recuperei porque me convidou o novo dono que coñecía dun curso. Chámase Lucio, non se parece a Julio Iglesias, ensinaba taichi e cambiou de sector pola crise.
Hoxe xa desbordaba a praia coa xente e os coches e o noso houbo que aparcalo ao sol pagando o mesmo. Iso si, a auga estaba máis morniña e apetecible que nunca.

Etiquetas:

6 comentarios:

Ás 23:44, 20/06/09 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

E logo o taichí non ten saida en época de crise?. Debería

 
Ás 00:38, 21/06/09 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Sin rañaceos e sin ponte, si que é fermosa a foto e a isla.
Pois aproveita a praia e disfruta dela. A min dame unha pereza ir, a ver se me animo un día destes.
Un saúdo.

 
Ás 01:54, 21/06/09 , Blogger Unknown dixo...

Que alegría atoparte de novo. Tanto mudo de plantilla que os perdo por o camino.Xa ficheite de novo,jeje

Eu estou na casa co brazo vendado y mollo os pes napiscina,a ver que quitenme esto xa e podo disfrutar do calor.

Biquiños ;)

 
Ás 10:18, 21/06/09 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Que bela imagem amigo.
Olhe enviei uma gracinha, feita com a foto do Leo. Espero que ele goste.
Um abraço

 
Ás 12:05, 22/06/09 , Blogger Veloso dixo...

Cando vexas na prensa que voaron a Torre de Toralla cun cartucho de dinamita, podes sospeitar de min. É un edificio que me pon enfermo. Saúdos.

 
Ás 09:23, 23/06/09 , Blogger Eva G. Rei dixo...

Fermosa foto de Toralla. Que tempos, non?
O que non dis é de onde é a foto que pos dende a sombra...
Ah! E dille a Veloso que non ande facendo declaracións desas pola rede, que hai moito espía, e como pase algo aínda son capaces de botarlle a culpa... Como seica que se está batasunizando a sociedade galega...
Por certo, quen inventaría o verbo "batasunizar"?

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio