leoeosseus

xoves, 26 de novembro de 2009

Tempo de regalos


Xa empezan a soar as panxoliñas nos supermercados para lembrarnos o perto que temos o Nadal. Pero hai algúns comercios que xa empezaron cos agasallos un mes atrás como Ötzi, o comercio de roupa que ten o nome daquel famoso cazador prehistórico que apareceu desconxelado nos Alpes. Lembro que daquela houbera un rebumbio coa nova e lembro a anécdota dunha australiana que quería ser inseminada con esperma do cazador prehistórico. A muller non tivo esa " sorte " porque lle dixeron que xa non valía o producto. En cambio, eu si tiven a sorte de levar desta tenda un premio ( se lle podemos chamar así a unha simple bolsa de tea ).
Está visto que neste mundo hai que saber de todo; ata tocar a punta do nariz coa lingua !.

Etiquetas:

7 comentarios:

Ás 00:28, 27/11/09 , Blogger An dixo...

cando comes unha torta é unha boa avilidade, parabens, Saúdos e apertas

 
Ás 04:35, 27/11/09 , Blogger BRABIDO dixo...

Algo e algo,no supermercado o DIA se queres unha bolsa tes que pagala.

Que na seguinte che toque a cesta do nadal

Sorte

 
Ás 08:43, 27/11/09 , Blogger Dilaida dixo...

Home pois non é tan difícil tocar o nariz coa lingua eu aínda a toco hoxe e iso que cos anos vanse perdendo certas habilidades e vanse collendo outras.
Unha bolsa é unha bolsa, hai que conformarse a min no Carreffour cóbranme 50 céntimos por unha que din que é para cuidar o medio ambiente e resulta que son de plastico, iso si, grandes e máis duras que as que regalaban.
Bicos

 
Ás 13:07, 27/11/09 , Blogger Bolboreteira dixo...

Non está mal ehh! que hoxe de ralagr enténdese pouco.
A min o Nadal non me gusta moito, todo o tinglado que hai montado o redor del.Ademáis cada vez o adiantan máis.Protesto!
Un bico!

 
Ás 14:30, 27/11/09 , Blogger Mer dixo...

Pois eu non podo nin empuxando a lingua cun dedo, en fin, haberá que pasar por unha tenda onde soliciten outras habilidades.

Apertas.

 
Ás 19:34, 27/11/09 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Joder, que susto!. Cando dixeches que ti sí tiveras sorte...pensei que te inseminaran a ti, cajonatóssss!

Agora quédome coa duda. Déronche a bolsa por chegar coa lingua ó nariz?. Eu non me dou lambido nin siquera o cóbado...

 
Ás 19:45, 27/11/09 , Anonymous Zeltia dixo...

¿e tí chégaslle coa lingua a punta do naris?
dilaida seica pode! seica é unha habilidade que se colle na infancia?
pois eu non podo nin puiden nunca!
claro que, por unha bolsa de te, tampouco paga moito a pena
pero,
unha habilidade coa lingua sempre merece unha felicitación.
:-)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio