leoeosseus

sábado, 28 de novembro de 2009

Viñas en outono


Menos mal que hai viñas para poder desfrutar das cores do outono. A chuvia destes días está botando abaixo as follas tinxidas das videiras.
Sabías que as follas de vermello escuro corresponden a viñas de tinto e as amarelas a viñas de branco ?.

Etiquetas:

13 comentarios:

Ás 23:09, 28/11/09 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Non o sabía. Eu de viños entendo unicamente sobre a mesa...(e, daquela maneira!)

Oes, que non sei que raio fixen cos comentarios na Chousa e estraguei o teu. Se quixeras volver, agradézocho; pero en todo caso pido disculpas polo erro

 
Ás 00:42, 29/11/09 , Blogger Eva G. Rei dixo...

Pois eu tampouco o sabía, nin tiña reparado niso. Pero dende agora heime fixar a ver se tes razón...

 
Ás 03:03, 29/11/09 , Anonymous Zeltia dixo...

ai, pois eu sí que o sabía!
púxenme contenta coma cando na escola preguntaba a profesora e erguía o dedo eu soa jajaja

ese camiño-tunel debaixo da viña, que boa sombra ha ter no vran...
e as follas das vidras do viño tinto que vermelliñas e chamativas están no outono...

 
Ás 11:35, 29/11/09 , Blogger fonsilleda dixo...

Eu non o sabia. Pásame como a Chousa, eu de viños, na mesa e ainda así, supoño que pouquiño.

 
Ás 12:40, 29/11/09 , Blogger hormiga dixo...

non o sabía, non. Pero agora xa me fixarei máis. saudos.

 
Ás 17:46, 29/11/09 , Blogger BRABIDO dixo...

No eido houbo unhas zepas coas follas de esa cor e tiñan unhas uvas grandes,so sei que nin eran tintas nin brancas,creo que lle chamaban "clarete",non estou seguro os anos non pasan en balde.

Que gane o mellor

 
Ás 22:28, 29/11/09 , Blogger Dilaida dixo...

Vaia unha foto ben fermosa! Eu iso xa cho sabía, onde eu nacín aínda que o viño non é moi forte, haiche bastante e ten a sona de ter unha das mellores aguardentes de Galiza.
Bicos

 
Ás 23:15, 29/11/09 , Blogger An dixo...

Pois si, si o sabía (ou sempre pensei que erá así) fermosa viña :) SAúdos e apertas

 
Ás 08:40, 30/11/09 , Blogger HADEX dixo...

Ah pois non, non o sabía....Encántame a foto!!

 
Ás 13:31, 30/11/09 , Blogger Bolboreteira dixo...

Non o sabia, e sendo de terra de viño case é imperdoable.
Un bico

 
Ás 17:51, 30/11/09 , Blogger vermella dixo...

a foto é tan bonita que con permiso roubocha,e a pesar de vivir nas Viñas non sabía o das cores das follas.
bicos e que bonito está o noso Leo!!

 
Ás 16:46, 01/12/09 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Pásame como a case todos, mira que non estei farto de mirar viñas e ata de podalas (cada día menos) nunca reparara no tema. Se é que andamos a correr.

 
Ás 00:21, 03/12/09 , Anonymous Carmela dixo...

onde é isto? xuraría que estiven aí embaixo...

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio